Publicador de contidos

Publicador de contidos

A colisión entre un autobús e un coche en Barcelona deixa 80 feridos, sete deles graves

A colisión entre un autobús e un coche en Barcelona deixa 80 feridos, sete deles graves

O autocar acabou precipitándose por un noiro de vinte metros de altura

Descoñécese cantos pasaxeiros viaxaban no autobús malia contar con 65 prazas para persoas sentadas

Imaxe de @bomberscat en X
G24.gal 25/10/2026 18:36 Última actualización 25/10/2026 23:13

80 persoas resultaron feridas nunha colisión entre un turismo e un autobús, que se caeu por un terraplén de vinte metros, na estrada BV-5114 ao seu paso por Fogars de Montclús (Barcelona).

O sinistro ocorreu cara ás 17.30 deste domingo. Os equipos mobilizados atenderon a 83 persoas, 18 delas en estado menos grave, sete graves evacuadas a distintos hospitais, e o resto leves, segundo o último balance do Sistema de Emerxencias Médicas (SEM).

O sinistro ocorreu cando, por causa que se están investigando, un vehículo dos autocares da compañía Sagalés chocou cun turismo na estrada BV-5114 e acabou precipitándose por un noiro de vinte metros de altura.

O accidente mobilizou a 15 ambulancias, dous helicópteros medicalizados e tres equipos conxuntos de servizos sanitarios e Bombeiros, que desprazaron unha vintena de efectivos e especialistas en rescates de montaña do grupo GRAE.

Os Mossos d'Esquadra cortaron a estrada en ambos os sentidos da circulación, para facilitar as tarefas de xestión do accidente.

Protección Civil activou en fase de alerta o plan de emerxencias por accidentes en transportes Procicat. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade