Dous feridos nun accidente cunha avioneta en Caldas de Reis
Unha vez no punto, os medios desprazados confirmaron que había un total de dúas persoas implicadas que xa non se atopaban atrapadas, aínda que si que precisaban asistencia sanitaria
Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de avioneta en Caldas de Reis. Os medios de emerxencias están traballando no punto.
O 112 Galicia recibiu o aviso por mor deste incidente arredor das 13:25 horas. O particular que empregou o número único de emerxencias indicou que sufrira un accidente cunha avioneta no aeródromo da parroquia de Godos. Ademais, indicou que había xente ferida e posiblemente atrapada.
Decontado, desde o CIAE 112 Galicia compartiuse a información co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cos Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, coa Garda Civil, coa Policía Local e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cuntis.
Unha vez no punto, os medios desprazados confirmaron que había un total de dúas persoas implicadas que xa non se atopaban atrapadas, aínda que si que precisaban asistencia sanitaria.
Arestora, os servizos de emerxencias continúan traballando no punto.