Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida unha muller tras envorcar o coche que conducía en Tomiño

Ferida unha muller tras envorcar o coche que conducía en Tomiño

O vehículo bateu contra un coche que estaba aparcado e acabou sobre un lado

G24.gal 23/10/2026 19:51

Unha muller de 76 anos quedou ferida tras envorcar o coche que conducía en Tomiño. Por causas que se investigan, bateu contra un vehículo que estaba aparcado e acabou de lado, sobre dúas rodas. 

A condutora quedou atrapada no interior do coche e foi precisa a intervención dos bombeiros da Guarda e do Porriño para liberala.

O accidente foi no centro de Tomiño e a estrada estivo cortada unha hora mentres limpaban e retiraban os dous coches implicados no sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos