Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida unha moza por intentar matar cunha arma branca un mozo en Cangas

Detida unha moza por intentar matar cunha arma branca un mozo en Cangas

A moza ingresou en prisión acusada de tentativa de homicidio

G24.gal 23/10/2026 16:46 Última actualización 23/10/2026 17:25

A Garda Civil detivo unha muller de 20 anos, veciña de Cangas de Morrazo que, presuntamente, intentou matar cunha arma branca un home durante unha pelexa.

Os feitos tiveron lugar o pasado sábado nunha vivenda de Cangas, onde presuntamente se pelexaron varios mozos.

A patrulla de servizo que acudiu ao aviso da Central Operativa atopouse no relanzo dun edificio cunha muller e dous homes, un dos cales tiña varias feridas realizadas supostamente cunha arma branca pola muller que se atopaba no lugar.

Dada a gravidade dos feitos, a vítima e a presunta agresora foron trasladados ao hospital.

Tras o avance da investigación, o mesmo día dos feitos, a Garda Civil detivo a moza como presunta autora dun delito de homicidio en grao de tentativa.

A detida foi posta á disposición dos xulgados de Cangas, que decretou o seu ingreso en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade