Publicador de contidos

Publicador de contidos

Batalla campal en Cambados, cun detido e dous feridos

Batalla campal en Cambados, cun detido e dous feridos

Un dos grupos asañouse cun local de ocio lanzando mesas e cadeira contra a reixa 

A dona do bar de copas baixou a reixa cos clientes dentro para evitar males maiores

 

 

G24.gal 05/10/2026 14:21

Era unha noite que tiña que ser de festa.

"Moito barullo de xente, empezaron a chegar moitos adolescentes. Escoitábanse golpes contra a reixa, golpes de cadeiras, berros, os mozos estaban enleados porque había moita xente. Ao principio eran poucos, pero despois empezaron a vir máis", confirma unha veciña.

Uns golpean, con violencia extrema. Outros gravan e apupan con mensaxes que rozan o odio e que se poden escoitar nos vídeos que xa circulan polas redes. Nesas imaxes, vese a grupo de xente da zona lanzando mesas e cadeiras contra un local no que supostamente se refuxiara un grupo de peruanos. O conflito empezara antes.

"Estabamos nun ambiente tranquilo e había pouca xente pero sobre as catro da mañá empezou a entrar máis xente e, de súpeto, escoitáronse berros e golpes e a dona pechou a porta", explica unha clienta.

A dona do local baixou a reixa, cos clientes dentro, para evitar danos maiores. Foron momentos de tensión.

"Os que estaban estragando o mobiliario eran os de fóra e dentro había desesperación. Eu era unha das persoas que estaba dentro e desmaieime porque queriamos saír e non nos deixaban porque se abrían a porta, había máis problemas", engade a muller.

O conto cambia segundo quen o conte. Falouse dunha navalla que a Garda Civil non atopou. Con todo, detiveron un mozo peruano, hai outra persoa investigada e dous feridos. Un cun golpe na cabeza que parece dunha botella; o outro cun corte.

"Ao día seguinte cando baixei había goteiras de sangue e cando se desaloxou uns ían dicindo que lle romperan un dente a outro, outros ían chorando...", relata a veciña.

Hai sangue no chan e tamén nas paredes, cristais rotos e mobiliario desfeito, segundo confirma a dona do local. Era demasiada xente. 

"A un mozo reducírono pero seguía a pelexa e despois cando chegaron reforzos da Garda Civil, xa desaloxaron a praza", engade.

A comunidade peruana séntese sinalada e pide que se repartan responsabilidades. A Garda Civil ten aberta unha investigación para que cada pau cargue coa súa vela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade