Cargando resultados...
Difunden nas redes sociais pelexas entre menores en Ribeira
Os rapaces quedaran previamente para pelexarse
Non constan feridos graves nin denuncias
G24.gal
28/09/2026 12:59
Unha pelexa entre un grupo de rapaces en plena rúa, e con público que os animaba, sorprendeu a veciñanza da localidade coruñesa de Ribeira.
Non houbo feridos de gravidade nin, polo momento, denuncia ningunha, con todo a Policía Nacional investiga os feitos, difundidos a través das redes sociais.
Ao parecer os rapaces quedaran previamente para pelexarse. Cómpre lembrar que difundir imaxes que atentan contra a dignidade das persoas, especialmente se son menores, é un delito perseguido pola lei.