O noivo da voda de Gomesende, que acabou en pelexa, defende a unión e pide non manchar o seu "nome"
Nunha mensaxe en redes sociais, di que alguén está intentando facerlles dano
O noivo da voda de Gomesende, que acabou en batalla campal e da que hai varios vídeos virais en redes sociais, publicou unha mensaxe no seu perfil no que defende a súa unión e advirte de que non deixará "que se manchen" nin o seu nome nin o das familias.
As palabras do noivo chegan despois de que se fixera pública unha infidelidade por parte da noiva, así como unha presunta débeda contraída con ela e algunhas pelexas sucedidas durante a celebración do banquete nupcial.
Nega que houbera un acordo nupcial de 40.000 euros
Na mensaxe, reproducido polo diario La Región, o home denuncia que alguén busca facerlles "dano" e rexeita descoido algún, así como un acordo nupcial de 40.000 euros.
Si recoñece que houbo "algunha que outra pelexa" durante o banquete, aínda que aclara que "algunhas se produciron fóra do recinto" e cree ferventemente que "alguén está a intentar facer dano, tanto a nós como ás nosas familias".
Por todo iso, di que o asunto está xa "en mans dos nosos avogados".