Estragan un vehículo en Moaña nunha liorta veciñal
As dúas familias levan anos enfrontadas pola estreiteza da vía
A Garda Civil e a Policía Local de Moaña lograron conter unha grave liorta veciñal no lugar de Couso, na zona alta da parroquia de Meira, en Meira. Unha das familias estragou totalmente o vehículo da outra con varias barras de ferro.
Un dos temas que os enfronta é a estreitez desta vía, xa que se un deles aparca, o outro non ten sitio para pasar. Os seus conflitos chegáronse a xudicializar. E hoxe mesmo púxose a última denuncia no cuartel de Moaña.
O último incidente tivo lugar o domingo á tarde. Unha das familias deixou convertido en ferralla o vehículo da outra con varias barras de ferro.
A pelexa ía a máis ata que interveu a Policía Local de Moaña e a Garda Civil, que conseguiron frear a escalada violenta. Os axentes lograron afastar e identificar catro dos implicados que teñen enfrontamentos que veñen de vello.
Precisamente en marzo deste ano unha sentenza do Penal 1 de Pontevedra condenou unha delas a dezaoito meses de prisión por acoso e lesións a outra veciña e o seu fillo, ademais da indemnización total de case 17.000 euros.
Dos continuos problemas entre ambalas familias tamén hai constancia no noso arquivo desde hai anos.