Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha liorta entre menores de 7 e 9 anos obriga a intervir 15 policias na Coruña

Unha liorta entre menores de 7 e 9 anos obriga a intervir 15 policias na Coruña

A violencia do enfrontamento fixo que algúns veciños avisaran a policía

Non houbo detencións 

Praza da Coruña onde ocorreron os feitos. TVG.
G24.gal 05/11/2026 15:17

A liorta ocorreu este mércores pasadas as 5 da tarde nunha praza da Coruña, próxima ao polideportivo Sagrada Familia.

Segundo conta unha testemuña dos feitos, todo comezou nun enfrontamento entre dous pequenos de 7 e 9 anos.

"Un deles agrediuno, e a nai levantouse dicir, porque o veu sangrando, que pasaba, que tiñan que controlar iso. Viñéronse os adultos, as señoras, unha delas moi maior tamén se levantou a cascar pero a darlles".

A violencia do enfrontamento fixo que algúns veciños avisarán a policía. 

Ata a zona desprazáronse varios vehículos e unha quincena de axentes da Policía Nacional e a Local. Case ao momento a situación normalizouse, aínda que non é a primeira vez que se require a presenza da policía por idéntico motivo.

"O que di a policía é que sempre que veñen, veñen polo mesmo".

A pesar do amplo dispositivo policial, non houbo detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade