Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos en Ourense dous homes por roubar en coches estacionados na rúa

Detidos en Ourense dous homes por roubar en coches estacionados na rúa

Os arrestados mercaban en comercios locais coas tarxetas atopadas nos vehículos

Os detidos están acusados por presuntos delitos de roubo, furto e estafa

G24.gal 04/11/2026 15:12 Última actualización 04/11/2026 16:16

A Policía Nacional detén dous homes acusados de delitos de roubo, furto e estafa en Ourense. Os suxeitos actuaban en vehículos aparcados na vía pública e realizaban compras en comercios coas tarxetas de crédito que atopaban nos coches.

As operacións comezaron o 28 de outubro coa detención dun varón. Catro axentes da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Comisaría Provincial capturaron ao individuo investigado polo furto dunha mochila no interior dun turismo estacionado no barrio do Vinteún. Ademais, o detido está acusado de empregar as tarxetas bancarias roubadas en varios establecementos da cidade.

O día seguinte, o 29 de outubro, os investigadores deron cun segundo individuo. Este é presunto responsable dun delito de roubo con forza dun vehículo no Vinteún e doutro furto nun automóbil no barrio da Ponte. Ademais, está acusado de estafa polo uso de tarxetas bancarias. O segundo detido tratou de darse á fuga na estrada tras ser localizado. Como consecuencia, ás súas acusacións súmaselle un delito de resistencia á autoridade.

Actualmente, os detidos están a disposición da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia en funcións de garda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade