Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Nacional desarticula un narcopiso no barrio coruñés dos Castros

A Policía Nacional desarticula un narcopiso no barrio coruñés dos Castros

Os axentes detiveron unha persoa e comisaron diversas substancias estupefacientes e preto de 3.000 euros

Policía Nacional Policía Nacional
G24.gal 04/11/2026 12:55

Axentes da Policía Nacional pertencentes ao Grupo de Drogas e Crime Organizado (UDYCO) da Brigada Provincial de Policía Xudicial da Coruña desmantelaron un narcopiso no barrio coruñés dos Castros. 

Grazas á colaboración veciñal, que alertou á policía dos estraños movementos nun piso do barrio, compatibles coa venda polo miúdo de drogas, iniciouse unha investigación sobre o inmoble.

As xestións realizadas sobre o piso en cuestión, puido detectar afluencia de consumidores de substancias estupefacientes para aprovisionárense das mesmas. En ocasións era o propio provedor o que lles vendía na rúa aos compradores en portais ou na propia vía pública, valéndose ás veces dun patinete que usaba como medio de transporte.

O pasado venres, a Policía Nacional realizou un rexistro no devandito domicilio, apoiado pola Unidade Especial de Guías caninos e por indicativos de Seguridade Cidadá.

No interior da vivenda achábase o agora detido, así como os diferentes tipos de substancias que se incautaron, desde drogas sintéticas, pasando por cocaína,  haxix, marihuana e todos os útiles necesarios para a súa venda e distribución. Igualmente interviñéronse máis de 3.000 euros.

O detido foi posto á disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade