Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor ebrio queda atrapado nunha rúa peonil de Rianxo

Un condutor ebrio queda atrapado nunha rúa peonil de Rianxo

Os veciños tiveron que axudalo a manobrar para saír da zona urbana

É o mesmo home que metera o coche nunha pasarela peonil de Catoira

G24.gal 04/11/2026 14:29 Última actualización 04/11/2026 16:44

Non sabía nin por onde se metera ata que un veciño lle deu o alto.

O condutor dicía que era estranxeiro, pero resultou ser veciño de Meis, e facía caso omiso das indicacións. 

"Os veciños pasaron o aviso aos meus compañeiros e xa lle chamaron a atención porque son rúas moi estreitas de moi difícil acceso, nas que é case imposible saír cun vehículo", explica José Ramon Rial, voceiro Policía Local de Rianxo.

Tan difícil se puxo a manobra que un dos veciños tivo que coller o volante para que saíra do lío. Pero o lío continuou despois, cando a policía logrou paralo.

 "Déronlle o alto, desobedeceu totalmente e tiveron que seguilo ata que o interceptaron na rúa Arcos Moldes. Deu positivo na proba de alcohol, cunha taxa constitutiva de sanción administrativa e houbo que inmobilizar o vehículo", di o axente.

Enfróntase á retirada de 8 puntos de carné e 700 euros de multa por desobedecer a autoridade e conducir baixo os efectos do alcohol. Tamén quedou cun cepo na roda dun coche afeito a quedar atrapado en lugares difíciles.

"Chegounos información de que recentemente estivo implicado nun feito similar en Catoira".

Daquela, este mesmo condutor percorrera máis dun quilómetro por unha pasarela peonil das Torres do Oeste.

Máis aló da anécdota, a policía insiste na perigosidade deste tipo de condutas e fai un chamamento a respectar a seguridade viaria polo ben de todos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade