Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home de 70 anos nun accidente mentres cortaba leña na Laracha

Falece un home de 70 anos nun accidente mentres cortaba leña na Laracha

Unha árbore que estaba cortando caeulle enriba e, ao tratar de esquivala, caeu e cortouse coa súa propia motoserra

Imaxe de arquivo
G24.gal 03/11/2026 17:56 Última actualización 03/11/2026 18:56

Un veciño da Laracha de 70 anos faleceu este martes mentres cortaba leña nun terreo da súa propiedade. 

O suceso ocorreu no lugar do Priorato pouco despois das 11 da mañá.

Todo parece indicar que unha árbore que estaba cortando lle caeu enriba e, ao tratar de esquivala, caeu e cortouse coa súa propia motoserra.  

Ata a zona acudiron efectivos do 061 e persoal médico da Laracha. Tamén a Garda Civil, Protección Civil e Policía Local.

A pesar dos esforzos, o persoal sanitario non conseguiu salvarlle a vida.

O corpo foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Galicia para facerlle a autopsia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade