Publicador de contidos

Publicador de contidos

Peritos de Adamuz detectan novas anomalías no treito do accidente e piden información a Adif

Peritos de Adamuz detectan novas anomalías no treito do accidente e piden información a Adif

A Autoridade Administrativa Independente para a Investigación Técnica de Accidentes e Incidentes Ferroviarios (AITAT) sinalou que o sinistro de Córdoba se puido deber a unha "rotura franca de carril"

Tren descarrilado en Adamuz Tren descarrilado en Adamuz
G24.gal 04/11/2026 20:29

Os peritos xudiciais que investigan o sinistro ferroviario do pasado 18 de xaneiro en Adamuz (Córdoba), no que morreron 46 persoas, pediron á xuíza instrutora que requira ao Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) máis información sobre a reforma que se levou a cabo no treito onde ocorreu o suceso tras detectarse novas "anomalías", concretamente en relación ao balasto.

Fontes xudiciais explicaron a EFE que o pasado 20 de outubro Adif solicitou á xuíza a correspondente autorización para realizar labores de bateo, co obxectivo de axustar a nivelación e a rasante do carril, na zona do accidente, unha petición que se trasladou aos peritos por se influía aos seus labores de investigación.

Na súa resposta ante a xuíza a pasada semana, os peritos deron luz verde a eses labores debido á súa "urxencia" e que non interfiren no seu traballo de investigación, segundo aseguran as fontes, aínda que se mostraron "sorprendidos" de que se teñan que realizar cando o tramo se reformou hai un ano.

"Curioso" que no treito do accidente existan "niveis de deformación", indican os peritos xudiciais 

Os peritos engaden no seu escrito que resulta "curioso" que algunhas zonas onde se produciu o accidente alcanzasen "niveis de deformación" que requiran unha intervención tras completar a súa reforma en outubro de 2025.

Por iso, pediron á xuíza que requira a Adif unha serie de documentos relacionados coa reforma integral do treito e que polo momento ou "non foi entregada ou presenta graves omisións", segundo explican as fontes.

Concretamente, solicitaron os informes de auscultación realizados ante de recibir a obra, o expediente administrativo completo da subministración do balasto e o expediente total da obra de emerxencia que se levou a cabo para reconstruír a infraestrutura tras o accidente.

A AITAT sinala que o accidente puido deberse a unha "rotura do carril"

Doutra banda, a Autoridade Administrativa Independente para a Investigación Técnica de Accidentes e Incidentes Ferroviarios, Marítimos e de Aviación Civil (AITAT) sinalou que o accidente de Adamuz se puido deber a unha "rotura franca de carril", tal e como apuntaban os investigadores da Garda Civil.

Fontes próximas ao caso explicaron a EFE que a AITAT, nun informe preliminar, reclamaba a Adif medidas para a "detección de roturas francas de carril en liñas de alta velocidade", algo que segundo o organismo independente sucedeu en Adamuz.

Ademais, segundo la AITAT o accidente de Adamuz puxo de manifesto que existe a posibilidade de que unha rotura franca permaneza sen ser detectada durante un período prolongado e que sigan circulando trens polo punto afectado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade