Cargando resultados...
Falece no CHUAC o home evacuado este martes tras un incendio nun garaxe de Santiago
G24.gal
04/11/2026 19:11
Última actualización 04/11/2026 19:21
O home que tivo que ser evacuado ao hospital este martes tras sufrir queimaduras nun incendio nun garaxe en Santiago de Compostela faleceu debido á gravidade das lesións que presentaba.
O home faleceu a última hora do martes na unidade de queimados do Hospital Universitario da Coruña (CHUAC).
Cómpre lembrar que o incendio se orixinou nun garaxe dunha vivenda unifamiliar na zona da Lavacolla, dentro da parroquia de Sabugueira.
O lume comezou mentres o afectado manipulaba unha máquina no interior do garaxe, lugar do que foi rescatado por outra persoa que se atopaba alí.