Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuada unha persoa por inhalación de fume tras un incendio no seu piso en Vigo

Evacuada unha persoa por inhalación de fume tras un incendio no seu piso en Vigo

As chamas orixináronse ao arder o contido dunha pota que quedara ao lume

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 02/11/2026 19:06

Unha persoa tivo que ser evacuada ao hospital este luns por inhalación de fume como consecuencia dun incendio rexistrado na cociña dun piso situado na rúa Gonzalo Torrente Ballester, en Vigo.

Segundo informou o 112 Galicia, o centro de emerxencias tivo constancia dos feitos pasadas las 16:00 horas, cando un particular contactou co servizo para alertar de que saía fume pola fiestra dunha cociña e percibíase cheiro a queimado.

Tras o aviso, a central de emerxencias mobilizou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vigo e efectivos da Policía Nacional e a Policía Local. Unha vez no inmoble, os efectivos desprazados constataron que as chamas orixináronse ao arder o contido dunha pota que quedara ao lume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar