Cargando resultados...
Excarcerado un home de 63 anos tras envorcar un todo terreo en Bande
O vehículo foise da vía e subiu por un muro antes de virar
O condutor quedou preso polos brazos
Imaxe cedida
G24.gal
01/11/2026 14:16
Última actualización 01/11/2026 15:38
Os Bombeiros de Muíños tiveron que excarcerar un home de 63 anos que quedara atrapado no interior dun todo terreo accidentado no núcleo das Campiñas, no concello de Bande.
Segundo informa o 112, o sinistro rexistrouse ás 11:00 horas. Por razóns aínda sen determinar, o vehículo foise da vía e subiu por un muro antes de envorcar. O condutor quedou preso polos brazos.
Imaxe cedida
No operativo participaron tamén axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntariado de Protección Civil. Tras o golpe, o coche deixou unha vertedura de aceite na estrada.
Imaxe cedida