Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hospitalizadas dúas persoas ao incendiarse un piso no concello de Verín

Hospitalizadas dúas persoas ao incendiarse un piso no concello de Verín

O lume obrigou a desaloxar o inmoble que quedou precintado ao colapsar a cuberta do edificio

Foto cedida polos Bombeiros de Verín Foto cedida polos Bombeiros de Verín
G24.gal 01/11/2026 10:55 Última actualización 01/11/2026 11:55

Dúas persoas foron trasladadas ao hospital comarcal tras incendiarse un piso na avenida de San Lázaro, no concello de Verín. O lume obrigou a desaloxar por completo o edificio de varios andares.

Segundo os bombeiros, ocorreu pouco antes das 5:00 horas deste domingo e o inmoble quedou precintado ao non reunir as condicións mínimas de seguridade e hixiene.

Tamén confirman que as lapas afectaron a totalidade do teito da vivenda e que a acumulación da auga empregada na extinción pode provocar o desprendemento de restos e a caída de rescaldos.

Foto cedida polos Bombeiros de Verín Foto cedida polos Bombeiros de Verín

As dúas persoas trasladadas ao hospital de Verín, ao parecer cunha crise de ansiedade, son o propietario do piso e un dos inquilinos.

No operativo tamén participou persoal sanitario do 061, membros de Protección Civil e axentes da Benemérita.

Foto cecida polos Bombeiros de Verín Foto cecida polos Bombeiros de Verín
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade