Publicador de contidos

Publicador de contidos

Identificadas 56 das 69 vítimas do accidente de tren en Urda

Identificadas 56 das 69 vítimas do accidente de tren en Urda

Entre os  identificados, 54 teñen nacionalidade española, un francesa e outro portuguesa

Hai activas 13 denuncias por desaparición de cidadáns estranxeiros

Casa sacerdotal de Toledo onde agardan noticias as familias EFE/Ángeles Visdómine Casa sacerdotal de Toledo onde agardan noticias as familias EFE/Ángeles Visdómine
G24.gal 01/11/2026 08:59 Última actualización 01/11/2026 09:33

O Instituto de Medicina Legal e Ciencias Forenses de Toledo e Cidade Real identificou 56 das 69 persoas falecidas no accidente ferroviario ocorrido este mércores en Urda. Segundo os últimos datos facilitados a última hora do sábado polo Centro Integrado de Datos (CID), o cómputo provisional de vítimas mortais mantense en 69.

Entre os finados xa identificados, 54 teñen nacionalidade española, un tena francesa e outro portuguesa. As autoridades agardan que o resto de vítimas poidan ser identificadas nas vindeiras horas. Ao tratárense presumiblemente de cidadáns estranxeiros, estes labores dependen nestes momentos de diversas actuacións no ámbito da cooperación internacional.

Ata o de agora, a gran maioría das identificacións —52 das 56 logradas— realizáronse mediante o cotexo de impresións dixitais, mentres que as catro restantes conseguíronse a través de probas de ADN.

Notificación ás familias e denuncias por cidadáns desaparecidos

O CID explicou que xa se lles notificou a identificación ás familias de 51 das vítimas (33 homes e 18 mulleres) e 36  delas xa se puxeron á disposición dos seus achegados. As cinco notificacións restantes que faltan deste grupo comunicaranse coa maior celeridade posible.

A xestión da catástrofe mantén activas trece denuncias por desaparición, todas elas correspondentes a cidadáns estranxeiros. As nacionalidades das persoas que seguen a ser buscadas son: catro dos Estados Unidos, dúas de Australia, dúas do Xapón, e unha da Arxentina, o Canadá, México, a República Checa e Tunisia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade