Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retirados cinco vagóns do lugar do sinistro ferroviario en Toledo

Retirados cinco vagóns do lugar do sinistro ferroviario en Toledo

O operativo conseguiu mover tres vagóns do Iryo e dous do Ave durante a xornada do sábado

A busca de probas e rastros biolóxicos podería continuar alomenos ata o luns

34 doentes seguen ingresados nos hospitais de Castela-A Mancha e evolucionan "razoablemente ben"

 

 

G24.gal 31/10/2026 21:16

Tras catro días en Urda, Toledo, o operativo especial de busca estivo traballando unha xornada máis no sitio onde se produciu o sinistro ferroviario. Dúas unidadades caninas e o servizo de drons da Garda Civil seguen a rastrexar a zona. Dende primeira hora da mañá os tres guindastres desprazados ao lugar conseguiron retirar cinco vagóns do lugar do sinistro, tres do tren Iryo e dous do AVE. 

"Os vagóns máis afectados xa están asegurados e os guindastres seguen no lugar porque van ir movendo os diferentes coches da vía", informa o voceiro da Garda Civil, Pedro Pablo Garrido.

Fontes do operativo manifestaban que os traballos son complicados, xa que dependen da supervisión xudicial, e que se ían retirando os restos que non se consideraban de interese para a investigación. Tamén estaba previsto que empezasen a recollerse as pertenzas dos viaxeiros, para custodialas e poder devolverllelas aos seus propietarios. En principio, a busca está prevista que continúe ata o vindeiro luns, xa que o traslado dos vagóns é unha manobra moi complicada por motivos de seguridade.

"A liña de traballo vai seguir sendo a mesma: vaise mover co guindastre a estrutura metálica, o servizo cinolóxico, cos nosos cans, traballará para atopar algún resto biolóxico ata que rematen de retirar todos os vagóns da vía", confirma o voceiro da Garda Civil.

Dende a comunidade de Castela-A Mancha informan de que as 34 persoas que seguen ingresadas nos hospitais da rexión, das que quince permanecen en coidados intensivos, evolucionan razoablemente ben. O accidente ferroviario de Urda, acontecido hai catro dias, deixa un cómputo provisional de sesenta e nove vítimas mortais, das que xa se identificaron 56, segundo os últimos datos dispoñibles.

Fontes da Garda Civil confirmaron a Europa Press que medio cento de efectivos teñen previsto pasar a noite traballando na zona do sinistro.

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade