Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Carballiño abre o ano xubilar do templo da Veracruz

O Carballiño abre o ano xubilar do templo da Veracruz

Foi o papa León XIV quen aprobou a conmemoración deste ano xubileo

G24.gal 31/10/2026 19:50

Cun repenique de campás anunciábaselle a toda a comarca o inicio do ano xubilar no templo da Veracruz do Carballiño. 
Un privilexio concedido polo papa León XIV para celebrar os 75 anos da inauguración desta igrexa e os 125 da doazón da reliquia que custodia, unha estela da cruz na que morreu Xesucristo.

Este sábado baixo palio a reliquia sacábase en procesión nunha comitiva presidida polo bispo de Ourense e coa presenza doutros bispos e arcebispos galegos, e arredor dun cento de párrocos de todo o país. Saíu do asilo do Carballiño e unha vez de volta ao templo, chegaba o momento máis simbólico da celebración: a apertura da porta santa que dá inicio oficial o ano xubilar.

"Supón para a comunidade cristiá un ano da alegría da fe, de compartila con todos aqueles que se acheguen ata nós", di Jorge Juan Pérez, párroco do templo 

O templo quedou pequeno para acoller os centos de fieis que quixeron sumarse a esta cerimonia, na que houbo un recordo especial para as vítimas do accidente de Urda. Deuse así por inaugurado un ano xubilar que ten previsto un completo programa que combina a dimensión espiritual cunha axenda cultural aberta a veciños e a visitantes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar