Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil mantén blindada a zona do accidente para protexer as probas

A Garda Civil mantén blindada a zona do accidente para protexer as probas

Este sábado as forzas de seguridade identificaron unha persoa que estaba a gravar imaxes na zona prohibida cun dron particular

Identificadas 56 das 69 vítimas do accidente de tren en Urda

G24.gal 01/11/2026 10:57 Última actualización 01/11/2026 11:36

A Garda Civil mantén totalmente blindada a área do sinistro. O acceso ao perímetro está estritamente prohibido para calquera persoa non autorizada co obxectivo prioritario de "preservar as evidencias, probas e indicios" que axuden a esclarecer as causas do sinistro.

O portavoz do Instituto Armado, Pedro Pablo Garrido, explicou o dispositivo de seguridade despregado na área restrinxida. Segundo detallou, estanse a empregar medios aéreos e terrestres especializados para garantir o illamento da zona con drons e unidades policiais que operan a cabalo nas zonas de acceso difícil. En paralelo, as agrupacións de tráfico e a de reserva e seguridade controlan as estradas e camiños, mentres a unidade cinolóxica continúa cos labores de busca de restos biolóxicos.

Na actualidade, á denominada "zona cero" do accidente só teñen permitido o acceso os membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e o persoal xudicial que dispoña dunha autorización expresa.

As unidades policiais operan a cabalo nas zonas do accidente de acceso difícil As unidades policiais operan a cabalo nas zonas do accidente de acceso difícil

Orde xudicial restritiva

A medida responde á orde emitida pola xuíza que instrúe a causa aberta polo accidente, no que perderon a vida 69 persoas. O mesmo día do sinistro, a maxistrada prohibiu a entrada de persoal alleo á investigación e a retirada de calquera elemento do espazo afectado.

Garrido subliñou que a prohibición xudicial se estende ao longo de dous quilómetros da vía de alta velocidade Madrid-Sevilla nos dous sentidos. O portavoz insistiu na ilegalidade de saltar o cordón de seguridade. Confirmou que este sábado as forzas de seguridade identificaron unha persoa que estaba a gravar imaxes na zona prohibida cun dron particular. 

A Garda Civil traballa con drons de vixilancia na zona do sinistro A Garda Civil traballa con drons de vixilancia na zona do sinistro
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade