Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un coche cae por un noiro de varios metros na N-525 á altura de Gustei, en Coles

Un coche cae por un noiro de varios metros na N-525 á altura de Gustei, en Coles

Non bateu con outro coche que circulaba en sentido contrario por apenas segundos

G24.gal 30/10/2026 13:46 Última actualización 30/10/2026 14:51

O accidente aconteceu contra a media tarde nesta estrada Nacional 525 á altura de Gustei. Aínda están por aclarar as causas do accidente, pero un vehículo que circulaba en dirección Santiago saíu da vía polo carril contrario sen aparentes signos de freada. 

"O condutor atravesou a estrada de lado a lado. Subía a marxe Santiago e atravesou para a marxe esquerda, digamos. O pasar a curva esa que lle dicimos "bocomezo" saíu pola marxe esquerda. Dixo que lle debeu pegar un mareo ou algo porque non houbo freada nin nada", explica Antonio Boimorto Pérez, de Protección Civil do Concello de Coles.

O accidente aconteceu nunha zona coa velocidade limitada a 70 e cun radar de tramo. Aínda así, o coche, que acabou completamente envorcado, saíu da vía e caeu por un noiro duns cinco metros de altura.

"É unha curva bastante perigosa, pero dende que puxeron radar e está a 70, digamos que houbo poucos accidentes. Caeu por un noiro duns catro ou cinco metros. Había moita silva e moita maleza e estaba un pouquiño complicado o rescate, digamos", apunta Antonio. 

No momento do sinistro, outro coche baixaba en dirección Ourense; non colidiron de fronte por apenas segundos. Foi precisamente esta condutora unha das primeiras en avisar os servizos de emerxencia. O mozo que conducía o vehículo sinistrado conseguiu con axuda saír do coche polo seu propio pé. En principio as súas feridas non revisten gravidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade