Cargando resultados...
Aparecen novos restos óseos na zona da Barquiña, en Noia
O cranio e os outros ósos encontrados o mércores poden ser humanos, e investígase a súa procedencia
G24.gal
30/10/2026 14:27
Manel localizaba esta mañá outro óso máis, similar aos atopados na zona da ribeira da Barquiña de Noia o mércores a media mañá. Ese día el estaba co pescador que deu co estraño achado.
Os veciños máis próximos a este lugar cren que os restos óseos non podían levar alí moitos días pero non atopan explicación á súa procedencia.
Sen indicios de criminalidade, a investigación xudicial aberta pretende esclarecer a procedencia e identidade dos restos.
Segundo fontes próximas ao caso, os ósos poderían pertencer a máis dunha persoa.