Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve a actividade no narcopiso de Freixeiro, en Vigo

Volve a actividade no narcopiso de Freixeiro, en Vigo

A presión veciñal fixo que pechara hai tres meses, pero volve estar activo

A malleira a un ancián reactiva a mobilización veciñal

G24.gal 30/10/2026 14:00

Pouco lles durou a tranquilidade aos veciños do barrio vigués de Freixeiro. O pasado mes de xullo mobilizáronse e lograron pechar un narcopiso, pero este acaba de reactivarse. Non desbotan retomar as protestas, amais de insistir en que o Concello atenda as peticións de mellora dun barrio que consideran abandonado.

Logo de múltiples manifestacións, os veciños lograron botar os usuarios dunha narcovivenda, pero agora volveron ás andadas cun ir e vir continuo de xente na procura de droga nunha vivenda na rúa do Carme. Cóntao Óscar Álvarez Gallego, presidente da asociación de veciños Pontenova Freixeiro, que relata como o seu fillo dicía ao saír do instituto que vía xente entrar e saír do portal coma zombis. Os veciños quéixanse do movemento de xente a por drogas, e que algúns son moi novas.

Ese é o panorama que teñen os veciños e centos de rapaces que van aos dous institutos, o pavillón e o colexio da zona. A brutal malleira dun usuario da narcovivenda a un ancián hai uns días reactivou o movemento veciñal. Todos coinciden no abandono do barrio de Freixeiro. Beirarrúas rotas e intransitables, falta de sinalización, ratas e obras que levan anos sen executarse.

Malia a súa desesperación, os veciños agradecen a axuda da Policía Nacional, que nunca lles falla e fai o que pode para garantir a seguridade neste barrio de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade