Custa adaptarse ao horario de inverno
O reloxo atrasouse unha hora, pero o corpo semella necesitar bastante máis tempo para adaptarse
O reloxo atrasouse unha hora a madrugada do domingo pasado, pero o corpo semella necesitar bastante máis tempo para adaptarse.
"Eu prefería o horario do verán".
O sábado pasado o solpor foi ás 8 menos 22 minutos da tarde. Para hoxe, seis días despois, está previsto para as seis e media.
"As tardes son moito máis curtas... É como se non che dese tempo a facer nada".
Para moitos, o día termina demasiado pronto... e din que lles afecta no descanso e tamén no estado anímico.
"E os días de chuvia, peor". "Sénteste raro, máis triste...".
Porén este cambio de hora non só lles afecta ás persoas. Os cans, por exemplo, tamén notan que algo cambiou nas súas rutinas. E fano saber...
"Está máis nervioso, máis agresivo...". "Ve que é noite e xa se bota a durmir".
O reloxo cambiou unha noite, pero o sentir na rúa é que acostumarse ao novo horario levará algo máis de tempo...