A Coruña e Santiago, no mapa de Blocus
En Santiago, unha convocatoria nas redes sociais chama a "causar o caos" este sábado, e xa fixo saltar as alarmas
Na Coruña, a aparición da cidade no mapa do movemento Blocus tamén mantén en alerta os comerciantes
Deteñen o fundador de Blocus España por instigar disturbios e saqueos
Nas redes socias leva días circulando esta convocatoria atribuída a Blocus, que chama a saquear e roubar este sábado a capital galega. Unha mensaxe que malia non ter confirmación de que vaia a materializarse, xa puso en alerta os comerciantes.
Por iso, piden máis seguridade para evitar que un chamamento viral acabe converténdose nun problema real
A análise feita por unha empresa en plataformas dixitais atopou indicios da actividade de Blocus en 18 localidades de once comunidades. E, ollo, porque ademais de Santiago, A Coruña tamén está entre elas.
Din que o souberon nas últimas horas, que isto non é normal, e pensan que igual que sucedeu en Barcelona, tamén "pode chegar aquí". De aí que a preocupación sexa a mesma, e neste caso, aínda que non hai indicios de mobilización real, a vixilancia permanece activa.