Cargando resultados...
Concentracións nas sete cidades denuncian a actuación policial nos disturbios da Coruña
Nas marchas, convocadas por Galiza Nova, os participantes cualificaron de desproporcionada a actuación dos antidisturbios
Concentración celebrada na Coruña. EFE/ Cabalar
G24.gal
25/10/2026 12:45
A organización xuvenil Galiza Nova, co apoio do BNG, convocou concentracións este domingo nas sete cidades galegas para denunciar o que consideran "represión policial".
Unhas mobilizacións que chegan tras os disturbios que aconteceron o pasado mércores na Coruña, durante as protestas contra a visita do líder de Vox Santiago Abascal.
Os axentes foron atacados con pedras e obxectos punzantes durante os altercados. A Policía respondeu con cargas para dispersar os participantes nos disturbios e restablecer a orde. Os convocantes consideran desproporcionada a actuación policial.