Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha protesta xuvenil en Barcelona deriva en disturbios e choques coa Policía

Unha protesta xuvenil en Barcelona deriva en disturbios e choques coa Policía

Os altercados obrigaron a pechar establecementos comerciais para impedir posibles saqueos

 Os Mossos d'Esquadra detiveron varios manifestantes 

EFE / Alberto Estevez.
G24.gal 24/10/2026 20:42 Última actualización 24/10/2026 22:20

Unha concentración de decenas de mozos convocada por redes sociais no centro de Barcelona derivou esta tarde en saqueos de comercios, queima de contedores, danos á moblaxe urbana e enfrontamentos cos Mossos d'Esquadra, aos que lanzaron pedras e obxectos contundentes.

A protesta, que circulou por redes animada polo lema "Instituts Indignats" -tradución do movemento "Lyceés Indignés", que está detrás das mobilizacións estudantís das últimas semanas en Francia-, reuniu na praza de Cataluña decenas de mozos.

​​​​​​Os Mossos d'Esquadra detiveron a un centenar de persoas, unha cuarta parte deles menores de idade, pola súa presunta relación cos disturbios desatados.

En declaracións aos medios, a consellera de Interior, Núria Parlon, informou das detencións nos alborotos que, destacou, foron provocados por grupos "non organizados" que non defendían "ningún dereito" e que saquearan 14 comercios do centro da cidade. 

Cortados os accesos á praza de Cataluña

Por mor dos disturbios, a Garda Urbana pechou os accesos á praza de Cataluña de Barcelona e os comercios da zona, entre eles El Corte Inglés, baixaron as persianas para evitar danos.

Os incidentes foron recruando conforme avanzaba a tarde e grupos illados de manifestantes, co rostro cuberto, intentaron saquear as tendas da zona e romperon algúns escaparates mentres prenderon lume á moblaxe urbana e a algúns toldos das terrazas.

Illa condena de forma "rotunda" os disturbios 

O presidente da Generalitat, Salvador Illa, condenou de forma "rotunda" os disturbios na praza Cataluña de Barcelona e os seus arredores.

"A violencia non ten cabida en Catalunya", afirmou Illa, que expresou o seu apoio aos Mossos nunha publicación en 'X'

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade