Publicador de contidos

Publicador de contidos

Macron reforza a presenza policial e recibe os estudantes un mes despois do inicio das protestas

Macron reforza a presenza policial e recibe os estudantes un mes despois do inicio das protestas

O presidente francés avanza que só autorizará as manifestacións convocadas polos sindicatos

O Consello de Defensa adptará este venres medidas adicionais en materia de seguridade para facer fronte ás protestas desta fin de semana

 

Imaxe das protestas rexistradas en Francia o pasado 19 de outubro (Mattia David Rinaldi/Zuma Press/Europa Press/Arquivo) Imaxe das protestas rexistradas en Francia o pasado 19 de outubro (Mattia David Rinaldi/Zuma Press/Europa Press/Arquivo)
G24.gal 23/10/2026 07:07

En vésperas da segunda xornada de protesta nacional contra o encarecemento do custo da vida, Francia reforzará ata nun 20 % a presenza policial para evitar os actos vandálicos rexistrados o 17 de outubro. O dispositivo incluirá reforzos militases da forza Sentinelle, unidades de elite da policía e a xendarmería, helicópteros e vehículos blindados.

O Goberno decretou a prohibición de numerosas manifestacións convocadas en diferentes cidades francesas e advirte que só autorizará as que convoquen os sindicatos, como a de París, o sábado.

"A recomendación xeral é que non haxa manifestacións nos próximos días", declarou este xoves o presidente francés, Emmanuel Macron, tras os disturbios rexistrados o 17 de outubro que vandalizaron polo menos 3.000 establecementos comerciais no país e que deixaron imaxes de violencia urbana que deron a volta ao mundo.

Este venres Macron convocará un Consello de Defensa en que se adoptarán "medidas adicionais" sobre a seguridade.

Unha semana despois dos disturbios e transcorrido xa un mes do inicio das protestas o presidente francés recibe a representantes do estudantado. Escoitará aos voceiros das principais asociacións estudantís para coñecer as súas "reivindicacións e inquedanzas".

Hai un mes, profesarado e alumnado de secundario saíu ás rúas pedindo un cambio no sistema educativo que faga fronte á saturación e ças malas condicións que existen nas aulas e á enorme desigualdade de oportunidades que sofren as clases máis desfavorecidas.

As protestas estudantís prenderon a mecha dunha crise nacional global onde a cidadanía reclama solucións ante o encarecemento do custe da vida e o silencio das institucións.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade