Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre en Francia unha persoa co virus shamonda, que se cría non tranmisible ao home

Morre en Francia unha persoa co virus shamonda, que se cría non tranmisible ao home

Nun comunicado conxunto, os Ministerios de Sanidade e de Agricultura destacaron que cos coñecementos dispoñibles sobre o virus, "non se identificou por agora ningún risco sanitario para a poboación xeral"

Anecpla Anecpla
G24.gal 22/10/2026 12:49

Un home que sufría un cadro de inmunodepresión severa e morreu a comezos deste mes en Lión (sueste) estaba contaminado polo virus shamonda, coñecido por afectar o gando, pero que ata o de agora se consideraba que non era transmisible ás persoas, anunciou este xoves o Goberno francés.

Nun comunicado conxunto, os Ministerios de Sanidade e de Agricultura destacaron que cos coñecementos dispoñibles sobre o virus, "non se identificou por agora ningún risco sanitario para a poboación xeral".

O home falecido, do que non se comunicou a idade nin a identidade, estaba internado nos Hospicios Civís de Lión por unha patoloxía grave, e no seu comunicado as autoridades francesas sinalaron que se están levando a cabo investigacións clínicas, biolóxicas e epidemiolóxicas que reúnen expertos en sanidade humana, animal e medioambiental.

Os expertos que se ocupan do caso cren que as complicacións cerebrais que se lle manifestaron están "moi probablemente vinculadas coa infección polo virus shamonda".

O shamonda é un virus que se identificou por primeira vez en Nixeria a mediados dos anos 1960, que transmite un mosquito de tipo culicoides principalmente ao gando bovino e que este pasado verán detectouse por primeira vez en varios puntos de Europa, entre outros en Francia.

A contaminación deste paciente constitúe a primeira detección documentada deste virus nunha persoa.

A hipótese das autoridades francesas é que se produciu unha contaminación por un mosquito no leste de Francia, unha zona na que se constatara a circulación de shamonda na primavera e verán. En calquera caso, consideran que este é "un caso excepcional" nun paciente cun cadro gran debilidade do sistema inmunitario.

Francia notificouno ás instancias sanitarias internacionais, en concreto á Organización Mundial da Saúde (OMS) e ao Centro Europeo para a Prevención e o Control das Enfermidades (ECDC). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade