Morre un motorista nun accidente en Ourense
O sinistro aconteceu no barrio do Pino da capital ourensá
Un motorista faleceu este xoves nun sinistro no barrio ourensán da Ponte.
O accidente produciuse por unha saída de vía na estrada N-120, km 571, sentido Madrid, pasadas as 11:00 horas.
A consecuencia do forte impacto contra o gardavías, a motocicleta apareceu a uns 85 metros de distancia do punto da colisión.
Os veciños da zona puideron escoitar o estrondo do choque e mesmo foron unhas persoas que paseaban a carón do río, nas proximidades do lugar, quen deron aviso aos servizos de emerxencias.
Atendendo á información facilitada polos alertantes, dende o 112 Galicia informouse de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.
A pesar dos esforzos dos servizos mobilizados, o persoal sanitario desprazado ao punto só puido confirmar o falecemento do motorista.
O tráfico quedou cortado na zona ata o levantamento do cadáver.