Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un accidente cun morto na AP-9 en Caldas corta a autoestrada en sentido Pontevedra

Un accidente cun morto na AP-9 en Caldas corta a autoestrada en sentido Pontevedra

O sinistro produciuse tras bater un camión cunha furgoneta

O falecido é o condutor da furgoneta o chofer do camión saíu ileso

G24.gal 20/10/2026 15:25 Última actualización 20/10/2026 16:23

O accidente de tráfico mortal rexistrouse contra as 14:30 horas, no quilómetro 107 da AP-9 en sentido Pontevedra. Por causas que se investigan, bateron un camión e unha furgoneta, de maneira que o coche acabou envorcando e o camión na posición de tesoira. As primeiras informacións apuntan que a furgoneta estaba parada na beiravía.

Tras recibir a alerta, o 112 Galicia mobilizou o 061, os Bombeiros de Boiro, a Garda Civil e Protección Civil de Cuntis. Unha vez non punto, os servizos de emerxencias confirmaron que a persoa da furgoneta estaba falecida, sen que se puidese facer nada por salvarlle a vida. A vítima é un home de 51 anos veciño de Vilagarcía. O condutor do camión saíu ileso.

O camión quedou atravesado na vía, ocupando os dous carrís, polo houbo que cortar a autoestrada nese punto, en sentido Pontevedra. Todos os vehículos que vaian nese sentido, teñen que abandonar a AP-9 obrigatoriamente na saída de Padrón e continuar pola estrada nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade