Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un veciño de Ponteareas compra por instagram zapatillas de marca e recibe dous pares de zapatos vellos

Un veciño de Ponteareas compra por instagram zapatillas de marca e recibe dous pares de zapatos vellos

A denuncia do afectado permitiu que a Garda Civil identificase un veciño de Murcia que estafou máis de 3.000 euros en vendas en liña

Cuartel da Garda Civil en Ponteareas. Garda Civil. Cuartel da Garda Civil en Ponteareas. Garda Civil.
G24.gal 20/10/2026 15:15

A Garda Civil investiga un veciño de Murcia de 40 anos de idade como presunto autor dun delito de estafa cometido a través de redes sociais, mediante a venda de artigos a baixo custo, e que foi identificado tras a interposición dunha denuncia no posto de Ponteareas.

Segundo informaron fontes da Comandancia, a investigación comezou o pasado mes de marzo, cando un cidadán interpuxo unha denuncia tras comprar dous pares de zapatillas dunha coñecida marca a través de Instagram.

A vítima acordou o pago baixo a modalidade contra reembolso, pero no seu domicilio o que recibiu foi un paquete con dous pares de zapatos vellos, usados e desgastados.

Os investigadores rastrexaron o fluxo financeiro da empresa de transportes e descubriron que o estafador utilizaba unha empresa de pagos como ponte. O autor acumulaba os importes de entre seis e sete vítimas distintas antes de ordenar unha transferencia masiva á súa conta corrente persoal.

725 euros procedentes de 7 estafas simultáneas 

No envío denunciado, o sospeitoso retirou de golpe 725 euros procedentes de sete estafas simultáneas. A análise dos movementos destapou unha fraude continua que supera os 3.190 euros.

Co apoio da Garda Civil de Murcia logrouse localizar e investigar formalmente ao presunto autor dos feitos, un home de 40 anos de idade residente na devandita localidade murciana. As dilixencias instruídas foron postas ao dispor do Tribunal de Instancia de Ponteareas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade