Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncia un rapto con violación en Carballo: "Quería que fose a súa muller"

Denuncia un rapto con violación en Carballo: "Quería que fose a súa muller"

A Garda Civil investiga o caso de oficio porque a muller non denunciou "por medo"

Retivérona nunha casa durante catro días, con agresións sexuais e vexacións que lle custa verbalizar

G24.gal 19/10/2026 14:39

Obsesionouse con ela, propúxolle unha relación, pero ante o seu non...

"Lanzouse un mozo cara a min e meteume á forza nun coche", relata a vítima.

Levárona ata unha casa, onde entrou á forza e alí dentro empezou un pesadelo que nunca puido imaxinar. 

"Empúrrame, ponse a consumir drogas, cada vez se pon máis violento, ata agarrarme á forza e abusar de min. Violoume e penetroume", engade.

Relata episodios de violencia extrema, que mesmo custa escoitar. Despois, chegou un perdón que non era tal, así que o segundo día de encerro cambiou de estratexia. 

"Decidín ser máis mansa. Pedinlle que me deixase marchar e que eu volvería, que quería estar con el".

Serviu polo menos para que lle deixase usar o móbil con chamada en altavoz, e elixiu as palabras xustas para que a persoa que estaba ao outro lado detectase o perigo. 

"Dixen que as miñas fillas non me importan, estou ben aquí e quero estar con el, non coas millas fillas. Eu nunca diría iso", confesa entre bágoas.

Foron catro días de terror en que tivo ocasión de coñecer a que tipo de xente se enfrontaba, porque o seu agresor non estaba só. 

"O ambiente é moi perigoso e a xente que o rodea, tamén. Son conflitivos".

Houbo un segundo intento de rapto que, por sorte, se frustrou, e seguen as ameazas. Son perigosos e coñecidos cun amplo currículo de delitos ás costas. 

"Dálles igual todo. Xa estivo en prisión e a contorna deles non é fácil". 

Malia todo, ela non quixo denunciar. A Garda Civil iniciou unha investigación de oficio, por violación e detención ilegal. O parte médico confirma esas lesións compatibles con relacións forzadas. O caso está no xulgado.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade