"Ti es tonta ou gilipollas?": o alcalde de Oleiros insulta unha policía local porque lle levaran o coche
"Ti es tonta ou gilipollas?": o alcalde de Oleiros insulta unha policía local porque lle levaran o coche
Trascenden os audios da conversa de Ángel García Seoane cunha policía local porque un guindastre retirara o coche da muller dunha zona reservada en Mera
O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, respondeu con insultos a unha policía local despois de que lle fora retirado o coche da súa dona polo guindastre, segundo os audios cedidos polo diario El Debate.
Os feitos que trascenden agora tiveron lugar en maio, despois duns actos celebrados en Mera. É a propia muller do alcalde a que chama á policía local para denunciar que o coche fora retirado dunha zona reservada pero na que asegura que ela podía aparcar. Ao pouco, é o alcalde quen se pon ao teléfono. García Seoane exíxelle á axente que lle devolvan o coche de inmediato.
"Traede o coche de inmediato, me cago en Dios", di o rexedor.
Despois de que a axente lle explicara que non era posible levarlle o coche, o alcalde pide cambiar de interlocutor.
"Ponme con alguén que mande me cago..." insiste o alcalde.
Ao non ser posible falar cun oficial, Ángel García Seoane insiste en recuperar o vehículo.
"Un de vós ten que ir urxentemente a buscarme o coche"
A conversa continúa insultado a axente.
"Ti es tonta ou gilipollas"
A conversa, que inclúe tamén expresións de carácter ameazante, remata co alcalde esperando a chamada dun oficial. Finalmente, unha patrulla acabou desprazándose a Mera para recollelo.
Parece que a axente denunciou xa os feitos.