Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vivas di que tentou falar dez veces con Sánchez para alertar da avalancha en Ceuta e o Goberno négao

Vivas di que tentou falar dez veces con Sánchez para alertar da avalancha en Ceuta e o Goberno négao

O Goberno replica a Vivas e asegura que só pediu unha vez falar con Sánchez, e fíxoo

Vivas ratifica que pediu axuda ao Goberno antes da entrada masiva de migrantes en Ceuta

Vivas declarou este mércores na Audiencia Nacional (EFE/Daniel González)
G24.gal 30/09/2026 17:20

O presidente de Ceuta asegurou este mércores na Audiencia Nacional que chamou ata en dez ocasións ao presidente do Goberno nos días previos á invasión para alertar do aumento da presión migratoria na fronteira.

Juan Jesús Vivas explicoulle á xuíza que investiga a orixe da crise que a resposta de Moncloa foi que contactase coa delegación do Goberno na propia cidade autónoma. Vivas tamén apuntou a Marrocos: cre imposible que as autoridades dese país non detectaran un desprazamento tan masivo cara a España.

O Goberno replicou a Vivas, asegurando que só pediu unha vez falar co xefe do Executivo, Pedro Sánchez, ante a situación na súa cidade autónoma, e o mesmo día que o solicitou, o 30 de xullo, houbo unha conversación entre ambos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade