Publicador de contidos

Publicador de contidos

Identificada a condutora que levou por diante varios sinais de tráfico en Moaña

Identificada a condutora que levou por diante varios sinais de tráfico en Moaña

Entrou na rotonda a gran velocidade e estivo a piques de espetarse contra un escaparate

A muller fuxiu sen dar parte do accidente pero a Policía Local logrou dar co coche

G24.gal 26/09/2026 18:04 Última actualización 26/09/2026 18:50

En Moaña a Policía Local identificou unha condutora que na madrugada do sábado circulou polo centro da vila a gran velocidade, levou por diante varios sinais de tráfico e despois fuxiu do lugar do sinistro.

Segundo varias testemuñas, a muller entrou nunha rotonda o carón da praza do concello a máis de 100 quilómetros por hora, pasou por riba de varios sinais e estivo a piques de espetarse contra un escaparate. Despois marchou sen comunicar o accidente.

Finalmente, axentes da Policía Local puideron dar co coche que presentaba golpes compatibles co sinistro e identificaron a condutora que admitiu os feitos. Terá que responder por danos no mobiliario urbano e por marchar do lugar dos feitos sen dar parte do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade