Cargando resultados...
Un ferido tras bater un coche contra un bus escolar en Baiona
O autocar non levaba pasaxeiros
O condutor do vehículo quedou atrapado no interior
G24.gal
22/09/2026 18:33
Última actualización 22/09/2026 19:13
O choque dun turismo cun bus escolar saldouse cunha persoa ferida en Baiona este martes. O sinistro produciuse ás 14 horas na estrada EP-2205 ao seu paso pola Granxa.
Bateron un coche e un autobús de transporte escolar, que ía sen pasaxeiros no momento de producirse o accidente.
O condutor do vehículo quedou atrapado tras o impacto e para poder liberarlo solicitouse a intervención dos Bombeiros de Baixo Miño, así como dos membros do GES de Val Miñor.
O condutor do autocar resultou ileso, o mesmo que o seu acompañante.