Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retómase o tráfico na A-52 en Toén tras horas de bloqueo por un accidente múltiple

Retómase o tráfico na A-52 en Toén tras horas de bloqueo por un accidente múltiple

O sinistro, que deixou cinco feridos leves, produciuse á altura do enlace entre a Autovía das Rías Baixas e a AG-53 que vai de Ourense cara a Santiago

G24.gal 18/09/2026 09:16 Última actualización 18/09/2026 13:04

Un accidente múltiple, con ata sete vehículos implicados, ocorrido contra as 9:00 deste venres, bloqueo o tráfico na A-52 en sentido Ourense, no quilómetro 239, durante case tres horas.

O servizo de emerxencias 112Galicia informa de que cando menos cinco persoas quedaron feridas, dous delas menores, pero ningún caso de gravidade. 

O sinistro ocorreu á altura de Toén, onde está o enlace entre a Autovía das Rías Baixas e a AG-53, que conecta Ourense con Santiago, xusto baixo unha das pontes desa conexión entre as dúas vías de alta capacidade.

Precisamente a saída deste enlace foi empregada para desviar o tráfico e deste xeito permitir que os condutores continúen camiño en dirección ao Porriño, ata que finalmente se puido recuperar a normal circulación pola autovía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade