Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas en estado grave ao bater unha moto contra un coche no Rosal

Dúas persoas en estado grave ao bater unha moto contra un coche no Rosal

O condutor do vehículo saíu ileso e os dous ocupantes da moto foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro

G24.gal 01/11/2026 21:29 Última actualización 01/11/2026 22:49

Un home, de 35 anos, e unha muller, de 44, quedaron feridas graves ao bater a súa moto contra un coche na estrada PO-552 no lugar de San Xián, no concello do Rosal. Ambos os dous, naturais de Oia, foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro.

De acordo cos datos facilitados pola Garda Civil, a colisión frontolateral produciuse á altura do quilómetro 39 pouco antes das 19:30 horas e o condutor do vehículo, de 63 anos e veciño do Rosal, saíu ileso.

O turismo circulaba en dirección A Guarda cando fixo un xiro permitido á esquerda para coller un cruzamento ao centro do Rosal. A moto, que ía en sentido Oia, non puido frear a tempo e bateu contra o coche.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade