Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pechan as casetas do polbo que se instalan polo San Froilán en Lugo

Pechan as casetas do polbo que se instalan polo San Froilán en Lugo

O bo tempo e o programa de festas aliáronse cos hostaleiros, que prepararon case 60 toneladas de cefalópodo

G24.gal 01/11/2026 18:28

Aínda non fixeron balance, pero todo apunta a que este foi un bo ano para as casetas do polbo do San Froilán.

Levan máis dun mes abertas e son tanto o aperitivo das festas como o colofón das patronais lucenses. 

Durante as patronais son visita obrigada para repoñer forzas, pero rematadas as festas, as casetas do polbo continúan atraendo a centos de comensais. 

Nesta ocasión, ademais, tanto as festas como o bo tempo favoreceron que fose un bo ano para os hostaleiros. 

As tres casetas pechan por este ano, logo dun mes de festa gastronómica en torno ao polbo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade