Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous policías locais exercen como comisarios nos 180 postos do feiral do San Froilán

Dous policías locais exercen como comisarios nos 180 postos do feiral do San Froilán

Encárganse de controlar a actividade dos 180 postos, atraccións e casetas do polbo e resolver calquera incidencia que xurda

O traballo empeza a comezos de setembro coa planifación do feiral e remata coa retirada das casetas, o 1 de novembro

G24.gal 09/10/2026 20:54

Lugo ten por diante unha ponte festiva, que coincide cos días grandes do San Froilán. Dentro do amplo dispositivo de seguridade, dous axentes da Policía Local encárganse de controlar a actividade dos 180 postos e atraccións de feira, así como as casetas do polbo.

Son os comisarios do feiral, que durante as festas traballan sen o uniforme. Non é necesario para identificalos, todo o mundo os coñece e recorre a eles ante calquera incidencia.

"Que falta a luz, chaman o comisiario; que entra auga por algún lado, chaman ao comisario; que non lles funcionan calquera cousa, chaman o comisario", explica Manuel Cerdeira.

El, xunto ao seu auxiliar Jesús Mato, tamén axente da Policía Local, exercen unha canle directa cos feirantes e de supervisión permanente.

Contan cun posto permanente onde expiden os certificados de montaxe ou as autorizacións de apertura. Comproban ademais que todas as atraccións estean montadas conforme o proxecto técnico

O teléfono non para de soar "é o teléfono que teñen todos os feirantes, os titulares dos postos. Teno todo o mundo" comenta Cerdeira, quen explica que están "practicamente as vinte e catro horas dispoñibles" e recorren a eles cando hai calquera tipo de problema.

Así o confirma José María Fernández, propietario de varias atraccións. Di que ante calquera problema acode "aos comisarios", di que son os dous boísimos, están as 24 horas atentos a nosoutros. "De feito están para arriba, para abaixo".

"Pasan por aquí para ver se as cousas están en orde. Aí están todos os días", comenta Estefan Chiparga, traballor do Gran Prix

As xornadas son maratonianas. Mato calcula que poiden facer entre quince e dezaseis quilómetros nunha xornada "porque imos dunha punta a outra". Poden requerilos na explanada baixa das costas do parque onde están as atraccións grandes; e a continuación na praza Maior pola montanxe dunha orquestra.

Ao final, a relación faise próxima e a despedida soe acabar en abrazos. 

O seu traballo empeza en comezos de setembro coa planifación do feiral e prolóngase ata o 1 de novembro, cando se retiran as casetas do polbo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar