Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza o San Froilán cunha axenda chea de actividades para todos os gustos

Comeza o San Froilán cunha axenda chea de actividades para todos os gustos

O polbo e as atraccións, principais reclamos da festa grande de Lugo

Volve o San Froilán, a feira que tamén se fixo festa

G24.gal 04/10/2026 14:46

O tempo acompañou e cuns agradables 21 graos ao mediodía era o momento de gozar dalgunha das máis de 60 atraccións e de curiosear entre os máis de 90 postos de venda ambulante.

Había ganas de San Froilán en Lugo e foron moitos os que se lanzaron á rúa para desfrutar da festa, tanto lucenses coma visitantes. 

"Vimos de Sanxenxo e é a primeira vez que vimos ao San Froilán".

"Pódese montar no barco viquingo e moitas máis".

"Somos de Vigo e estivemos facendo unha ruta todo por Lugo. Estivemos por Foz, por Mondoñedo e agora viñemos a tomar o polbo aquí á feira".

E xa cara ao mediodía toca degustar outro dos grandes reclamos da festa, o polbo, ben nalgún dos restaurantes da cidade ou ben nalgunha das casetas. O prezo da ración mantense igual co ano pasado.

"A 15 euros, está igual co ano pasado. San Froilán e polbo van da man sempre".

"Está moi bo, se queredes probar déixámosvos probar unha talladiña".

"Está moi bo, todo fenomenal. Está todo moi bonito e moita xente".

A música é outra das grandes protagonistas. Pola tarde o festival de corais amenizará a quen se achegue á praza de Santa María.

A última hora a orquestra Marbella na praza Maior e o artista catalán Nil Moliner na horta do seminario poñeranlle o colofón a este primeiro día dunhas festas que non fixeron máis que comezar.

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade