Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo respira San Froilán coa apertura do feiral, mentres segue a montaxe dos grandes escenarios

Lugo respira San Froilán coa apertura do feiral, mentres segue a montaxe dos grandes escenarios

O programa oficial arranca o domingo 4 de outubro co pregón da xornalista e escritora Sonsoles Ónega 

A maioría de postos e atraccións xa funcionan e as casetas completarán esta semana a súa apertura 

Os concertos son tamén un dos grandes atractivos das patronais e trabállase na montaxe dos escenarios

G24.gal 28/09/2026 13:59

A seis días do arranque oficial do San Froilán, Lugo vive xa o ambiente festeiro coa apertura anticipada do recinto feiral, que recibiu durante a fin de semana as primeiras visitas.

A maioría de atraccións e postos xa funcionan e esta mañá chegaban os últimos feirantes que non queren perder esta cita tan destacada "é unha feira moi bonita, porque vén moita xente", explica o responsable dun posto de pesca de parrulos, que acaba de chegar de Valladolid, quen recorda a importancia que o tempo ten no San Froilán: "Se está bo, vén a xente de fóra, cos de Lugo".

A apertura do feiral permite gozar das tómbolas, postos e atraccións sen as masificacións dos días grandes

"Estes días son os que hai que aproveitar para facer unha visita máis tranquila, ver as atraccións máis tranquilamente, gozar delas", explica Jonathan Tejera, da Churrería Don Pepe, satisfeito do arranque das festas.        

"Canto antes, menos xente sempre" recomenda unha moza lucense mentres outro recoñece estar moi ansioso "por empezar a montarme en todas as atraccións" e ir aos concertos con Juan Magán, Malú, 9Louro e The Rapants entre os favoritos. Estes días trabállase con intensidade na montaxe dos escenarios que acollerán os concertos, o principal na praza Horta do Seminario.

As tres casetas do polbo estarán esta semana plenamente operativas.

O que non pode faltar no San Froilán e a tradición de comer o polbo á feira nas casetas que este ano abren de maneira progresiva e gozar así nunha festa na que maiores e novos coinciden en que hai que vivila na rúa porque sempre hai "moita animación e moita xente. É para vivilo".

O programa oficial será do 4 ao 12 de outubro.

Porque o San Froilán é unha festa moi querida e valorada entre a veciñanza "é a festa lucense máis mítica" e "trae moita xente e vese a cidade con moita vida, encántame".

O arranque oficial do San Froilán será o domingo 4 de outubro co pregón a cargo da xornalista e escritora Sonsóles Ónega; o luns 5, día do patrón; o ​​​​Domingo das Mozas o día 11, véspera da clausura o día 12.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade