Publicador de contidos

Publicador de contidos

A demanda de polbo increméntase en Lugo ante a proximidade do San Froilán

A demanda de polbo increméntase en Lugo ante a proximidade do San Froilán

Aínda faltan dúas semanas para a festa luguesa máis tradicional, pero son moitos os que xa enchen os conxeladores

G24.gal 17/09/2026 14:30

Aínda estamos en verán, pero o outono xa está aí, e con el o San Froilán.

E se hai un protagonista gastronómico nas festas patronais de Lugo, ese é o polbo. A dúas semanas vista, en todos os fogares se están xa a aprovisionar para estar preparados e ter ben abastecido o conxelador. 

" Está clarísimo que a xente ven ao San Froilan polo polbo" , di unha veciña de Lugo.

San Froilán é sinonimo de polbo.

"O San Froilán é especial para o polbo". "Cómese bo en calquera feira, pero parece que hai aquelo de vir comer o polbo ao San Froilán".

Lugo arrecende a polbo durante as festas. Cita ineludible eses dias visitar as casetas do recinto feiral. Véndese e consómese en calquera local de hostalería da cidade, que non son poucos. Pero, por suposto, é o prato principal en todos os fogares. Porque é o típico, e tamén porque pagar as comidas familiares fóra da casa pode saír nun pico. 

Coma de todas todas ten que pasar polo conxelador para romper a fibra, a xente previsora aprovisiónase con tempo. Hai quen o compra fresco e o leva directo ao conxelador. Ou quen vai directamente compralo conxelado.

"Total, hai que colexalalo igualmente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade