Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Palma sofre un apagamento xeral que deixa a illa sen subministración eléctrica

A Palma sofre un apagamento xeral que deixa a illa sen subministración eléctrica

As autoridades canarias declararon a situación de alerta na illa

Arquivo (Europa Press) Arquivo (Europa Press)
G24.gal 02/11/2026 09:44 Última actualización 02/11/2026 10:14

A Dirección Xeral de Emerxencias do Goberno de Canarias declarou a situación de alerta na illa da Palma tras rexistrarse este luns, ás 06:42 horas, un fallo xeral do sistema eléctrico que provocou un cero enerxético e a perda total da subministración no territorio insular que afecta 50.508 subministracións.

Segundo a información facilitada por Emerxencias, a activación da alerta ten como obxectivo realizar un seguimento da evolución da incidencia, facilitar a coordinación entre as administracións e os organismos implicados e avaliar as posibles afeccións aos servizos esenciais, mentres se trata de recuperar a subministración progresivamente.

O apagamento afectou ao conxunto da illa da Palma, onde se produciu a interrupción completa da subministración eléctrica. A primeira hora da mañá a illa estaba en situación de pre-reposición, á espera do arranque dos grupos de xeración e das instrucións de Red Eléctrica (REE) para restablecer a subministración.

Un dos elementos que condiciona a reposición é a indispoñibilidade da liña Guinchos-Valle, de 66 quilovolts, a única de transporte eléctrico na illa e cuxa xestión coresponde e Red Eléctrica. 

Esta infraestrutura xa rexistrara unha incidencia de madrugada, antes de producirse o cero enerxético.

A declaración de alerta realizouse en aplicación do Plan Territorial de Emerxencia de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Canarias (PLATECA), aprobado mediante o Decreto 98/2015, do 22 de maio.

O presidente de Canarias, Fernando Clavijo, asegurou que está moi pendente da situación na Palma, onde ata o momento non se rexistraron danos privados, aínda que si se produciron incidencias relacionadas con acumulacións de auga como consecuencia das precipitacións.

Ante a forte choiva rexistradas durante a madrugada e o cero enerxético manteñen á illa sen subministración eléctrica, Clavijo pediu á poboación que extreme as precaucións, evite os desprazamentos innecesarios, non cruce zonas alagadas e reduza o uso do vehículo.

Así mesmo, instou a seguir as indicacións do Centro Coordinador de Emerxencias e Seguridade 112 Canarias e dos servizos de emerxencia mentres continúan as actuacións para facer fronte ás incidencias meteorolóxicas e ao apagamento xeneralizado na illa.

A Dirección Xeral de Emerxencias mantén así activados os mecanismos de seguimento e coordinación previstos no PLATECA ante este tipo de incidencias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade