Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous irmáns de Carnota dan a coñecer o mundo do percebe con roteiros marítimos

Dous irmáns de Carnota dan a coñecer o mundo do percebe con roteiros marítimos

Os participantes acompañan os percebeiros David e Sara para aprender sobre os métodos e técnicas de recollida.

O obxectivo é poñer en valor o traballo de marisqueo e o medio mariño

G24.gal 31/10/2026 16:49 Última actualización 31/10/2026 17:37

Acotío vemos os percebes no prato e esquecemos o traballo que hai detrás da extracción deste marisco. En Carnota idearon unha ruta para achegarse á realidade deste oficio.

Mentres David fai os traballos propios dun percebeiro, Sara explica as curiosidades deste oficio. Estes dous irmáns de Carnota colaboran na recente iniciativa chamada O latexo do mar, unha ruta marítima na que os participantes poden ver como é o traballo detrás da recollida do percebe. 

"Como é o percebe antes de chegar ao prato?, que se fai antes de gozar do sabor que ten?, ese inicio da actividade...". Relata David Trillo, promotor da iniciativa O latexo do mar.

Aínda que o percorrido non ten peo ningún, os visitantes van equipados coma un auténtico percebeiro. As rutas están preparadas para facerse durante os doce meses do ano e os que puideron gozar delas quedaron encantados co aprendido.

"Queremos que a xente vexa como traballamos, vexa onde está o percebe, como é, como se reproduce...". Enumera David.

"Tamén divulgamos o coñecemento sobre a nosa costa. Tanto o marisco, como o coidado do ecosistema, que é a nosa zona de traballo, para que todo o mundo teña a oportunidade de gozar dela". Explica Sara Trillo, a outra promotora da iniciativa.

David e Sara animan a coñecer de preto a realidade do percebe, máis alá de se os interesados son ou non de Galicia. Asegurar que nunca é tarde para aprender sobre un oficio que ten o mesmo de duro, que de bonito. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade