Publicador de contidos

Publicador de contidos

No Día Mundial do Aforro promóvese ter unha reserva de cartos para afrontar imprevistos

No Día Mundial do Aforro promóvese ter unha reserva de cartos para afrontar imprevistos

Aínda que é un hábito difícil, que moitas persoas non poden levar a cabo, resulta importante para organizar as finanzas persoais

En Galicia a media sitúase en torno ao 15%

G24.gal 31/10/2026 14:30

No Día Mundial do Aforro promóvese a cultura de gardar cartos e reservalos para proxectos futuros ou gastos imprevistos. Outra cousa é que se poida levar a cabo.

"Cústame bastante. A capacidade de aforro a final de mes é practicamente nula. É moi difícil", recoñece unha moza.  

"É importante para gardar para o futuro. Ter un pouco para a xubilación ou pensando en cando sexamos maiores", engade o seu acompañente.

En Galicia o aforro sitúase en torno ao 15 % dos ingresos, lixeiramente por debaixo da media estatal. 

"É unha regla de tres. Se teño este gasto fixo, teño que gardar para contratempos", comenta outra muller.

"Procuro aforrar sobre un 10% ", confesa un lugués. 

Equivale a reservar en torno a 300 euros ao mes e recortar noutros gastos.

"MIras máis todo. Revisas a lista da compra. Compro máis marcas brancas."

"Ter menos vida social, menos ocio."

"Privarte dalgunha viaxe, comer fóra menos días á semana", son algúns do xestos máis habituais para tentar aforrar. 

É un hábito difícil, pero fundamental para as nosas finanzas persoais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade