Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os condutores enchen os depósitos despois da baixada do IVE

Os condutores enchen os depósitos despois da baixada do IVE

O aforro pode chegar aos vinte euros por depósito

A medida notouse especialmente nas gasolineiras esta mañá

G24.gal 22/03/2026 15:14

A rebaixa do IVE encheu as gasolineiras de coches que andaban xustos de combustible.

"Onte tiña que botar, pero agardei a hoxe", di unha consumidora.

"Vin o anuncio da rebaixa e temos unha viaxe longa por diante. E si que están máis baixos", di outra. 

Esperaron a recargar para aproveitar un desconto que finalmente se notou menos do que agardaban.

"Supoñíase que eran 30 céntimos e aquí baixou 15. Creo que a baixada cómea un pouco a especulación".

"Uns 15 céntimos debeu baixar. Onte botei case a 1,70 e hoxe está a 1,45.

Nesta gasolineira de autoservizo encher con gasolina un depósito de sesenta litros custa dezasete euros menos ca onte. O aforro para o diésel é inferior, aproximadamente de dez euros

"Xa o vin a 1,80 e algo si que se vai notando".

"Vaise notar moito no peto".

"Eu sempre botaba de 20 en 20 euros e hoxe enchino por se, a pesar do decreto, segue subindo", di un condutor.

Agradecen o alivio económico que supón a rebaixa da fiscalidade dos combustibles, aínda que temen que medida poida quedar curta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade